Castroverde acolle un obradoiro para aprender a identificar as noticias falsas

LugoXa
A xornalista Carmen Quintela impartirá este sábado 28 de novembro, ás 12:00 horas, unha sesión gratuíta no Centro Sociocultural Paco Pestana dentro do programa de alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
obradoiro desinformación xornalista
27 Nov 2026

O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde acollerá este sábado 28 de novembro, ás 12:00 horas, un novo obradoiro contra a desinformación organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da Deputación de Lugo.

A sesión será impartida pola xornalista Carmen Quintela Babío, especializada na cobertura e investigación con enfoque de xénero, e busca ofrecer ferramentas para distinguir o xornalismo de calidade das noticias falsas, así como fomentar unha actitude crítica ante a información que circula a través dos distintos medios e plataformas.

A actividade forma parte do programa de alfabetización mediática impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia grazas a unha subvención da Deputación de Lugo, que continúa así o seu percorrido por distintos concellos da provincia.

Tras a cita de Castroverde, a iniciativa chegará a Foz o martes 1 de decembro, onde se celebrará un novo obradoiro.

0.16252899169922