Castroverde acolle unha charla sobre diversidade cultural e convivencia inclusiva

O Concello de Castroverde organiza o vindeiro sábado 23 de maio a actividade “Como construír vilas inclusivas”, unha iniciativa enmarcada na celebración do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, que se conmemora cada 21 de maio.
A cita terá lugar no Centro Sociocultural Paco Pestana, en horario de 11.00 a 12.30 horas, e estará centrada na importancia da diversidade cultural como elemento clave para fortalecer a convivencia e o benestar comunitario.
A sesión será impartida por Omneia Sadek el-Shahat, psicóloga integrante do Grupo de Traballo de Interculturalidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Desde a organización destacan que esta actividade pretende abrir un espazo de diálogo e reflexión colectiva sobre a realidade multicultural presente nas vilas e sobre a necesidade de promover comunidades máis inclusivas, participativas e cohesionadas.