Castroverde acolle unha obra de teatro con monicreques este sábado
Castroverde acolle este sábado 19 de novembro a representación teatral con monicreques da obra O viaxante dos soños a cargo da compañía Ubú Teatro.
A representación terá lugar no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde ás 12.00., cunha duración de 45 minutos esta obra está recomendada para maiores de tres anos.
A obra conta a historia de Sonólicus que quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade.
O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.