Castroverde celebra a XXV Festa Homenaxe ós nosos avós o vindeiro 6 de abril

O Concello de Castroverde organiza a XXV Festa Homenaxe ós nosos avós o próximo domingo 6 de abril, unha xornada especial dedicada a recoñecer e celebrar a importancia dos maiores na comunidade.
Os actos darán comezo ás 12.45 horas coa recepción dos asistentes na praza do concello. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa na igrexa parroquial en lembranza e honra dos nosos maiores. Posteriormente, ás 14.00 horas, terá lugar un xantar de convivencia no pavillón municipal A Ferreira, onde os asistentes poderán compartir un momento de alegría e unidade.
A xornada continuará pola tarde cunha sesión de música e baile, creando un ambiente de festa e confraternidade. O evento, que xa cumpre vinte e cinco edicións, constitúse como unha cita ineludible no calendario cultural de Castroverde, fortalecendo os lazos entre xeracións e recoñecendo o legado dos nosos avós.
O Concello convida a toda a veciñanza a participar nesta emotiva homenaxe, promovendo as tradicións e valores que unen á comunidade.