Castroverde celebra a XXVI Festa de homenaxe aos nosos avós

LugoXa
A xornada, prevista para o 19 de abril, incluirá misa, xantar e actividades con música e baile
festa_avos_castroverde
18 Mar 2026

O Concello de Castroverde organizará o vindeiro domingo 19 de abril de 2026 a XXVI Festa de homenaxe aos nosos avós, unha cita xa consolidada no calendario local que busca recoñecer o papel dos avós e avoas na sociedade.

A programación comezará ás 12:45 horas coa recepción das persoas asistentes na Praza do Concello. Posteriormente, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa na igrexa parroquial, antes de dar paso ao xantar de confraternidade, que terá lugar ás 14:00 horas no pavillón municipal A Ferrería.

A xornada completarase con música e baile, nun ambiente festivo pensado para favorecer o encontro e a convivencia entre veciños e veciñas.

Desde a organización lembran que será necesario recoller as entradas de forma anticipada nas dependencias municipais, sendo o venres 10 de abril a data límite para facelo.

0.12076807022095