Castroverde celebra o seu I Concurso de Tapas esta fin de semana
LugoXa
O Concello de Castroverde celebra o seu primeiro Concurso de Tapas a fin de semana do tres e catro de marzo
1 Mar 2023
O Concello de Castroverde organiza o primeiro Concurso de Tapas co obxectivo de dinamizar o sector e poñer en valor a oferta gastronómica.
O concurso celebrarase os días 3 e 4 de marzo e participarán diferentes establecementos de hostalaría cunha única tapa cada un.
O horario para poder desfrutar das tapas será de 20.30 a 23.00 cun prezo de venda ó público entre 3 e 4 euros.
O Concello de Castroverde entregará a cada participante antes do primeiro día de comezo do concurso unha urna e folletos para que os clientes poidan emitir o seu voto, que colocarán nun lugar visible.