Castroverde celebra unha andaina por diferentes cruceiros
O vindeiro sábado 7 de agosto, a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde realizará unha andaina de 10 kilómetros aproximadamente, polos diferentes cruceiros e roteiros do Concello.
Dende a organización piden que se chegue ás 9.30 á praza do Concello onde comezará a actividade. Ás 10 horas, aproximadamente, comezará a andaina e visitaranse os cruceiros das Peniñas Brancas e Casas do Monte. Ademais, dende a asociación queren reclamar que os cruceiros que se atopan na Veiga do Olmo, volvan ao seu lugar de orixe.
O aforo é limitado polo que é preciso inscribirse. A participación será por rigurosa orde de inscrición con preferencia dos socios/as. En canto ao xantar, dende a organización informan que cadaquén leve o seu. Para comunicar a asistencia pódese contactar no enderezo electrónico amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com
Así mesmo dende a Asociación esíxese que se manteñan todas as medidas de seguridade con respecto á pandemia.