Castroverde celebrará as festas do Santiago Apóstolo con catro días de música

Castroverde prepárase para vivir unha nova edición das Festas do Santiago Apóstolo cunha intensa programación que se desenvolverá do mércores 23 ao sábado 26 de xullo.
O cartel combina propostas para todos os públicos, con especial protagonismo para a música, as tradicións e a participación veciñal.
O mércores 23, Día da Orientación, abrirase cunha sesión de orientibirring ás 19:30 horas e rematará co concerto das orquestras Los Satélites e Finisterre a partir das 23:00.
O xoves 24, Día Grande, contará coa misa ás 13:00 horas e cunha tarde de animación que comezará ás 14:00 coa actuación de Nueva Fuerza. Ás 18:30, Pulpíño Viascón ofrecerá o seu espectáculo infantil, seguido pola Fuego Street Band ás 19:30. A xornada culminará coa actuación das orquestras Olympus e de novo Nueva Fuerza ás 23:30.
O venres 25, Día do Patrón, comezará ás 12:00 coa batucada Tambukda, seguida da misa e procesión ás 13:00. Durante a tarde, D’Cano actuará ás 14:30, Mekanika Rolling Band ás 19:30, e a noite pecharase co Combo Dominicano e D’Cano ás 23:30. Haberá fogos artificiais á medianoite.
O sábado 26, Día da Foliada, terá actividades dende o mediodía, co grupo Os Valuros de Castro de Rei ás 13:00. Os xogos infantís darán comezo ás 16:30, e ás 19:30 celebraranse Cantos de Taberna, con grupos como TrasdaLomba, Toxo Queimado, AirIños do Neira e Os Xílgaros de Lugo. O broche final porao o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ás 22:30.