Castroverde celebrará su Entroido o 15 de febrero con 3.600 euros en premios

LugoXa
A programación estará centrada no tradicional desfile de disfraces e unha ampla oferta de animación para todos os públicos
entroido_castroverde
21 Jan 2026

O Concello de Castroverde celebrará o Entroido 2026 o domingo 15 de febreiro, cunha programación centrada no tradicional desfile de disfraces e cunha ampla oferta de animación para todos os públicos. O evento contará con 3.600 euros en premios, repartidos entre as distintas categorías do concurso.

As actividades comezarán ás 17.00 horas co pasarrúas, que percorrerá o centro da localidade e rematará na Praza do Concello, onde continuará a celebración. Posteriormente, a festa trasladarase ao Pavillón Municipal “A Ferrería”, espazo no que se desenvolverán o concurso de disfraces e as actuacións.

A xornada estará amenizada pola animación de Zuncurrundullo, que poñerá música e espectáculo a unha tarde pensada para o desfrute de veciñanza e visitantes, e haberá inchables.

O prazo límite para inscribirse no concurso rematará o venres 13 de febreiro ás 14.00 horas. O Entroido está organizado polo Concello de Castroverde e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, consolidándose un ano máis como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.079514980316162