Castroverde conmemora o 8M co espectáculo teatral-musical '10 Mulleres'

LugoXa
A obra narra a historia de dez mulleres que, a pesar das dificultades, son capaces de transformar a súa traxedia en esperanza
Concello-de-Castroverde-8M
18 Feb 2025

O Concello de Castroverde organiza un evento especial para conmemorar o Día Internacional da Muller, o próximo sábado 8 de marzo ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Paco Pestana.

O acto central será a representación de '10 Mulleres', un espectáculo teatral-musical a cargo de Asociación Zuncurrundullo, cunha duración aproximada de 35 minutos.

A obra narra a historia de dez mulleres que, a pesar das dificultades, son capaces de transformar a súa traxedia en esperanza, nunha posta en escena que promete emocionar e reivindicar a forza feminina.

O Concello de Castroverde anima a toda a veciñanza a asistir e participar nesta homenaxe á loita e resiliencia das mulleres, un acto que combina cultura e reflexión para celebrar o 8M.

0.18162393569946