Castroverde destina 3.000 euros ao club de fútbol sala para apoiar o deporte de base

LugoXa
O convenio coa entidade deportiva permitirá reducir os gastos das familias e mellorar os recursos e o equipamento destinados aos nenos e nenas do municipio
convenio-Concello-de-Castroverde-co-club-futbol-Sala
14 Oct 2026

O Concello de Castroverde concedeu unha subvención nominativa de 3.000 euros ao Club Castroverde Fútbol Sala para fomentar a práctica deportiva entre os nenos e nenas do municipio e favorecer o acceso ao deporte de base.

A axuda formalizouse mediante a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas as partes, que establece que a totalidade dos fondos deberá destinarse a actuacións que beneficien directamente aos menores e ás súas familias.

Entre os posibles usos da subvención figuran a redución dos gastos que os fogares afrontan durante a tempada deportiva, a incorporación de novas prestacións e recursos e a mellora ou ampliación do equipamento deportivo e doutros servizos relacionados coa actividade do club.

Con esta achega, o Concello busca facilitar a participación dos máis novos no fútbol sala, apoiar as familias e promover hábitos de vida saudables a través do exercicio físico.

O acordo enmárcase no compromiso municipal co deporte local e co mantemento de recursos que permitan aos nenos e nenas de Castroverde gozar da práctica deportiva.

0.15509510040283