Castroverde organiza clases de zumba todos os venres a partir de setembro

LugoXa
A actividade desenvolverase no Centro Sociocultural Paco Pestana de 20:00 a 21:00 horas e terá un prezo de 30 euros ao mes
paco-pestana-castroverde-deputacion
22 Aug 2026

O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde acollerá a partir do 4 de setembro novas clases de zumba, unha actividade deportiva e de lecer que se desenvolverá todos os venres de 20:00 a 21:00 horas.

As clases están pensadas para persoas interesadas en practicar exercicio físico ao ritmo da música nun ambiente dinámico e divertido. Para que o curso poida comezar será necesario contar cun grupo mínimo de 10 persoas.

O prezo da actividade será de 30 euros ao mes, cunha sesión semanal. As persoas interesadas en participar ou que desexen obter máis información poden contactar co teléfono 686 92 08 78, correspondente a Rocío.

As clases de zumba desenvolveranse desde setembro ata xullo no Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde. A actividade conta coa colaboración do Concello de Castroverde.

0.12095594406128