Castroverde organiza unha Festa Infantil con inchables e festa da espuma

LugoXa
A xornada, que está organizada polo Goberno local, conta coa colaboración da Deputación
nenos-xogando
Foto de arquivo
9 Xul 2024

O Concello de Castroverde organiza unha Festa Infantil na praza do Concello o vindeiro sábado 27 de xullo de 17.00 a 20.00 horas. Haberá inchables terrestres, acuáticos, mecánicos e festa da espuma. A cita, que está organizada polo Goberno local, conta coa colaboración da Deputación.

Recomendan levar roupa de baño, calzado cómodo que se poida mollar e protección solar. Para os inchables en seco é obrigatorio acceder coa roupa seca e con calcetíns.

0.18945622444153