Castroverde proxectará a curtametraxe 'Mudanza', unha historia sobre o cancro e a súa aceptación

LugoXa | SarriaXa
A sesión celebrarase o domingo 8 de novembro no Centro Sociocultural Paco Pestana, con entrada gratuíta, e ofrecerá un espazo para reflexionar sobre o impacto emocional da enfermidade
Mudanza-Sonia Arias festival de cine Vigo
30 Oct 2026

O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde acollerá o domingo 8 de novembro, ás 19:00 horas, a proxección de 'Mudanza', unha curtametraxe escrita pola paradelense Sonia Arias e dirixida por Luisje Moyano que aborda o impacto do cancro e o proceso de afrontar o diagnóstico.

A través da súa protagonista, a obra afonda nos medos, nas emocións e nas dificultades que xorden ao recibir unha noticia que transforma a vida dunha persoa. O relato propón unha reflexión sobre a maneira de asumir a enfermidade, a importancia de xestionar os sentimentos e o papel do acompañamento e da comprensión durante este proceso.

A iniciativa pretende contribuír á visibilización dunha realidade que afecta a numerosas persoas e familias, achegándose a ela desde a empatía e a sensibilidade.

A actividade, organizada polo Concello de Castroverde, estará aberta a toda a veciñanza e contará con entrada gratuíta.

0.13331699371338