Castroverde renderá homenaxe a don Jesús Fernández cunha xornada de celebración

A Unidade Pastoral de Castroverde organizará o próximo domingo 27 de setembro unha homenaxe a don Jesús Fernández, cunha xornada que combinará o acto relixioso, un recoñecemento e unha comida de confraternidade.
Os actos comezarán ás 12:30 horas, cunha misa no local social Paco Pestana, tras a que terá lugar a entrega duns detalles a don Jesús Fernández.
Posteriormente, ás 14:00 horas, os asistentes trasladaranse ao pavillón de Castroverde para compartir unha comida, que contará tamén con actuacións musicais.
As persoas interesadas en participar na comida poden retirar os seus tickets nos bares de Castroverde.
A homenaxe está organizada pola Unidade Pastoral de Castroverde coa colaboración do Concello de Castroverde.