Castroverde retoma os talleres de memoria en novembro e decembro

O Centro Social Paco Pestana de Castroverde acollerá durante os meses de novembro e decembro unha nova edición dos talleres de memoria, unha iniciativa orientada a estimular as capacidades cognitivas, manter a mente activa e favorecer as relacións sociais entre as persoas participantes.
As sesións desenvolveranse todos os martes e venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas, e serán gratuítas. A primeira terá lugar o martes 3 de novembro.
A proposta ofrece un espazo no que exercitar a memoria, compartir experiencias e realizar actividades en grupo. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Castroverde.