Catro grupos ofrecerán teatro ao aire libre en Foz
A semana de teatro ao aire libre de Foz comeza o 19 de agosto, ás 21 horas, na praza Pardo de Cela onde está previsto que actúe o grupo Touporroutou, da localidade, representando a función 'Comedia Bífida'. En caso de choiva, oS espectáculoS trasladaranse á Sala Bahía.
O martes 20, ás 21 horas, na Praza do Concello, actuarán os Axóuxeres da parroquia focense de Vilaronte, na Praza do Concello coa función 'Un divorcio no pobo'.
A mércores 21, á mesma hora pero na Praza de Galicia, a formación Pico dos Castros, tamén focense, porá en escea a obra 'O Randiña'.
O Batán de Cangas de Foz porá en escena o xoves 22, á mesma hora no Campo da Cabana a obra 'Bicos de Vinagre' e para culminar a semana teatral, o venres 23, ás 21 horas, na praia da Rapadoira, será A Adala de Fazouro quen suba ao escenario para representar 'Nunha aldea dous veciños lévanse mal', na que se relata como un día ao saír da igrexa, entre apartar e non apartar un do outro ou viceversa, os veciños acabaron rompendo a pía da auga bendita, o que fixo que o cura lles esixise pagala entre os dous e como non tiñan cartos, decidiron facer unha obra de teatro para recadar fondos. Contaban con dous actores moi coñecidos que finalmente fallaron. Entón, tiveron que tirar de enxeño e decidiron facer a obra teatral entre eles , contando coa axuda de algúns veciños da aldea. Para sacar adiante a obra (Don Juan Tenorio) fixeron unha tregua e decidiron levarse menos mal. A obra acabou sendo un éxito de venda de entradas, descobriron a súa faceta de actores, pero iso non acabou coa inimizade profunda dos dous.