CC.OO. denuncia á residencia de Guntín por vulneración de liberdade sindical

LugoXa
CC.OO. denuncia á Residencia Galega de Servizos Xeriátricos de Guntín (Serge Lucense) pola vulneración da liberdade sindical.
residencia guntin
residencia guntin
31 Maio 2023

CC.OO. denuncia á Residencia Galega de Servizos Xeriátricos de Guntín (Serge Lucense) pola vulneración da liberdade sindical das traballadoras.

Segundo indican, unha das traballadoras foi despedida por denunciar a precariedade laboral ante a Consellería de Política Social e por iniciar a labor sindical cara as próximas eleccións.

"A traballadora foi despedida despois de ter denunciado ante Política Social  a precariedade das condicións laborais  así como a deixadez da empresa ante os usuarios da residencia".

Na denuncia presentada manifestouse que a empresa incumpre a normativa  de requisitos específicos en materia de persoal esixido  xa que o máximo de persoal de atención directa por quenda é de 6 traballadoras e as fins de semana quedan só 2 xerocultoras para todo o centro, o que implica que cheguen a ter a 20 usuarios ó cargo cada unha delas.

Xunto coa denuncia presentáronse as carteleiras do persoal "onde quedaba reflectida a insuficiencia de traballadoras de atención directa ós residentes. Ista falta de persoal repercute gravemente en numerosos aspectos: administración das medicacións, cambios posturais insuficientes, ou que os usuarios sexan aseados e vestidos de madrugada para que as traballadoras teñan tempo de facer as tarefas. Máis grave aínda e a inexistencia de persoal de enfermería no centro, o que implica que ante calquera emerxencia as traballadoras están desamparadas tendo que acudir en numerosas ocasións o  061 ou o PAC da localidade, así como a ter que administrar a medicación ós residentes sen supervisión diaria, e que no caso de haber algún erro na suministración a responsabilidae cae en todo momento na traballadora".

Todo isto foi comprobado polo servicio de inspección de politica Social  contestando a este sindicato que “constatanse irregularidades no cumprimento da normativa aplicable e requireselle o centro para emendar estas deficiencias, así como o inicio das actuacións oportunas conducentes ao cumprimento da normativa de referencia".

CCOO critica a actuación da empresa ante a vulneración da liberdade sindical cara ás traballadoras "xa que dende o primeiro momento que comenzaron as reivindicacións de aplicación do convenio as represalias contra elas foron continuas".

"Ante tales abusos laboráis e a negativa da empresa a negociar unhas condicións básicas e dignas negándose sistemáticamente a cumprir co convenio colectivo que lles corresponde, as traballadoras decidiron dar o paso de exercer a súa liberdade sindical,  esixir o que lles corresponde por convenio, custándolle así a unha o posto de traballo e ó resto unha situación intolerable de acoso laboral por parte da empresa, engaden.

Tamén instamos á Consellería de Política Social, da que dependen as residencias da terceira idade, a que deixe de mirar para outro lado e extreme a vixiancia sobre as malas prácticas en dereitos laborais que é evidente que repercuten na calidade da atención ás persoas residentes.

0.19069290161133