CCOO denuncia á empresa concesionaria da seguridade en Lugo por impago de salarios

LugoXa
Aseguran que a empresa, que presta o seu servizo nas oficinas do Seminario Menor e na Casa Consistorial, débelles aos vixiantes de seguridade as nóminas do mes de maio
concello-de-lugo-1
Concello de Lugo
6 Xuño 2024

CCOO denuncia a Segursystem Europa, empresa concesionaria da seguridade no Concello de Lugo, por impago de salarios. Aseguran que a empresa, que presta o seu servizo nas oficinas do Seminario Menor e na Casa Consistorial, débelles aos vixiantes de seguridade as nóminas do mes de maio, chegando a retrasos de máis dun mes no cobro da nómina de abril, “polo que esta situación de atraso no abono dos salarios vense repetindo xa en diversas ocasión”.

Aseguran que non se entende como unha empresa adxudicataria dun concurso público non ten  solvencia económica para abonar as nóminas dos seus traballadores. “O Concello de Lugo é o responsable do contrato e ten que facer cumprir o mesmo, non só da prestación de servizos en si mesmo, senón tamén que a empresa adxudicataria cumpra cas obrigas do prego de condicións que elaborou e ó que se presentan as empresas”, exponen dende o sindicato

Comisións Obreiras denuncia que o Concello debería verificar a solvencia económica das empresas que se presentan o concurso e vixiar o cumprimento do prego do contrato. Lembran que o Concello debe cumprir cos prazos de pagamento ás empresas contratadas e estas á súa vez pagar ó persoal puntualmente os seus salarios, polo que o Concello é, en ultimo caso, “o responsable subsidiario do abono dos mesmos”.

0.18963408470154