Celebrada a final estatal da Olimpíada Matemática

Iria López Dios do Colexio San Xosé de Lugo, Gaia Zordan Guerreiro do IES Sanxillao de Lugo e Martín Casanova Alonso do IES Leiras Pulpeiro de Lugo participaron, dende o Círculo das Artes de Lugo, na final estatal da XXXI Olimpiada Matemática. Por primeira vez, a representación de Galiza correu a cargo de tres estudantes das comarcas de Lugo, gañadoras e gañador da final galega que se celebrou a comezos de mes.
Onte foi unha xornada na que tiveron que realizar unha proba individual e unha proba en equipo. Os resultados faranse públicos o vindeiro 1 de xullo nun acto por videoconferencia na que se desvelará a gañadora ou gañador do certame, que pretende fomentar o interese pola aprendizaxe das matemáticas.