Celebrado o 122 aniversario do pasamento de Xoán Montes

LugoXa
Lugo realiza a 39ª ofrenda floral a Xoán Montes para homenaxear a un dos músicos máis internacionais de Lugo.
xoan montes estatua
24 Xuño 2021

Lugo realiza a 39ª ofrenda floral ao músico Xoán Montes, organizada polo Orfeón Xoán Montes, para homenaxear a un dos músicos máis internacionais de Lugo que cumpre 122 anos do seu pasamento. 

O acto tivo lugar diante do busto do músico, que foi trasladado desde o xardín de San Roque á praza Maior o pasado ano co fin de estar arroupado por escenarios importantes na traxectoria do músico, como o colexio dos Padres Franciscanos, o Círculo das Artes ou a Catedral.  

O evento celebrado esta tarde contou coa lectura do poema Negra Sombra por parte de Tareixa Campo, do grupo de teatro Achádego, e as actuacións musicais do quinteto Umbra Nigra e do Orfeón Lucense.

Por último, Fernando Gómez Jácome encargouse de realizar unha ofrenda floral a Xoán Montes. Ao acto foron convidados representantes das principais entidades asociativas da cidade relacionadas coa música e con Xoán Montes, ademais dos grupos municipais de goberno e oposición.

Finalmente, colocouse unha placa de mármore xunto á sepultura do músico no Cemiterio Municipal dado que a sepultura se atopaba moi desgastada e é unha boa forma de identificar mellor a zona onde foi enterrado.

busto xoan montes lugo
0.20106601715088