Cervantes acolle mañá a proxección de Melancolía
LugoXa
O concello de Cervantes proxecta mañá xoves 18 de agosto o filme Melancolía do director Alfonso Zarauza as 21.45
17 Ago 2022
O concello de Cervantes proxecta mañá 18 de agosto o filme Melancolía ás 21.45 no patio do CPI.
O filme dirixido por Alfonso Zarauza trata a historia de Sira e Pepe que tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.