Cervantes acolle unha marcha e unha observación astronómica no Castelo de Doiras o 6 de agosto

O Concello de Cervantes promoverá o vindeiro 6 de agosto unha actividade para descubrir o ceo nocturno desde un dos enclaves máis emblemáticos do municipio. O Castelo de Doiras converterase nun escenario privilexiado para unha xornada que unirá natureza, patrimonio e divulgación astronómica.
A proposta desenvolverase entre as 19.00 e as 00.30 horas e incluirá unha marcha pola contorna do castelo, seguida dunha sesión de observación astronómica, na que os participantes poderán coñecer con maior detalle os segredos do firmamento nun contorno de gran valor paisaxístico e histórico.
A actividade conta con prazas limitadas para un máximo de 20 persoas, polo que a organización recomenda formalizar a inscrición o antes posible.
As persoas interesadas poden anotarse chamando ao Concello de Cervantes, no teléfono 982 36 49 04, ou á Deputación de Lugo, no 982 22 78 13.