Cervantes celebra esta sábado os I Cantos de Taberna
LugoXa
Cervantes celebra esta sábado 8 de abril a súa primeira edición dos Cantos de Taberna con seis grupos e dous itinerarios
![Cantos taberna cervantes portada](https://lugoxa.com/wp-content/uploads/2023/04/Cantos-taberna-cervantes-portada.jpg)
Cantos taberna cervantes portada
6 Abr 2023
Cervantes acolle este sábado 8 de abril a primeira edición dos Cantos de Taberna.
Un total de seis grupos percorrerán dous itinerarios diferentes facendo parada en máis de dez establecementos.
Organizada polos grupos Os Xardois e Os Gaioleiros a xornada dará comezo ás 15.30 no Fabal de onde sairán os dous percorridos.
A parada final será a mesma para os dous percorridos, de novo no Fabal onde a partir das 22.30 haberá pinchos para os grupos participantes e a partir das 23.00 unha gran foliada.
![Cantos taberna cervantes](https://lugoxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/04/Cantos-taberna-cervantes-200x280.jpeg)