Cervantes celebrará a súa I Xornada de Xogos Tradicionais cun programa para todas as idades

LugoXa
A iniciativa, organizada pola ANPA do CPI de Cervantes, ofrecerá xogos populares, billarda, inchables de auga e actividades ao longo de toda a xornada do 12 de agosto
xogos-tradicionais-recurso
8 Aug 2026

A ANPA do CPI de Cervantes organiza o vindeiro mércores 12 de agosto a primeira edición da Xornada de Xogos Tradicionais, unha iniciativa financiada pola Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, dependente da Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, e aberta á participación de público de todas as idades.

A actividade desenvolverase no polideportivo do Colexio de San Román e contará cun programa pensado para recuperar e divulgar os xogos tradicionais, ao tempo que ofrece alternativas de lecer para toda a familia.

A programación arrancará ás 11.00 horas con xogos populares, entre os que haberá carreiras de sacos, xogos de corda e outras propostas tradicionais. Entre as 12.00 e as 13.00 horas será a quenda dos xogos de madeira no pavillón.

Pola tarde, a actividade retomarase ás 16.00 horas cunha sesión de billarda. A continuación, entre as 17.00 e as 19.30 horas, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables de auga.

A xornada rematará ás 20.00 horas coa celebración de Eclipse, poñendo o broche final a un día dedicado á convivencia, ao lecer e á recuperación dos xogos tradicionais.

Desde a organización animan á veciñanza e aos visitantes a participar nesta proposta, que busca fomentar a socialización e o coñecemento do patrimonio lúdico tradicional nun ambiente festivo e familiar.

0.14023804664612