Cervo asina un convenio de colaboración cultural con Abanca

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Feb 2020

O alcade de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, asinaron un convenio de colaboración cultural co coordinador de Negocio Institucional en Lugo de Abanca, Óscar Rodríguez, e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, que permitirá á veciñanza de Cervo poder desfrutar da mostra Auga. O sangue da terra, obra do monfortino Manuel Valcárcel.

Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9.00 a 14.30 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, de luns a venres.

Para o vindeiro xoves, 20 de febreiro, está prevista a súa inauguración cunha visita guiada.

A exposición itinerante enmárcase no proxecto Corrente Cultural de Afundación, Obra social de Abanca.

Villares destacou o valor que teñen este tipo de colaboracións entre organismos, xa que “froito deste convenio imos poder contar no noso Concello cun ambicioso proxecto de concienciación medioambiental, que vai en consonancia coa política de racionalización dos recursos naturais que xoga un papel fundamental na nosa acción de goberno”.

Pola súa banda, Caramés recordou que “pretendemos que as salas de mostras municipais estean vivas os 365 días do ano” e recordou, que  “as instalacións públicas están sempre a disposición para a divulgación de calquera iniciativa cultural”.  


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15196084976196