Cervo comezou a ofertar as actividades para adultos deste ano
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo comeza a ofertar as actividades para adultos deste ano, así, ofrecerán ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, tanto en Cervo como en San Cibrao.
16 sep 2020
O Concello de Cervo comeza a ofertar as actividades para adultos deste ano, así, ofrecerán ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, tanto en Cervo como en San Cibrao.
Contarán con aforo limitado e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
As sesións impartiranse ao amparo dun traballado protocolo de seguridade ante o covid-19; que a delegación de Deportes foi perfilando neste tempo, en coordinación coa persoa responsable de impartir as actividades.