Cervo entreterá con teatro e obradoiro de galletas o domingo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Out 2019
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa e a súa cabaza encantada será a obra que porán sobre o esceario os integrantes de Teatro Calavera, o domingo, 27 de outubro, ás 12.30 horas, no auditorio da casa da cultura de Cervo.
A función enmárcase no programa de promoción á lectura Ler conta moito.
Haberá ademais da función un obradoiro de galletas monstruosas para que desfruten os nenos nestas datas propias de Defuntos.