Cervo non cobrará a taxa de lixo aos negocios obrigados ao peche

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo condonará a taxa de lixo  a aqueles negocios que se viron obrigados ao peche a causa do COVID-19.
4 May 2020

O Concello de Cervo condonará a taxa de lixo  a aqueles negocios que se viron obrigados ao peche a causa do COVID-19.

En concreto, tal e como explican, “non se cobrará este servizo, que o Concello xestiona directamente, desde o 15 de marzo e durante o tempo no que os establecementos se vexan obrigados a ter paralizada a súa actividade”.

Tal e como apuntan, durante a próxima semana poñeranse en contacto con todas aquelas persoas que xestionen estes negocios afectados para informalos das medidas, para avaliar con eles a situación e o plan de desescalada que acabamos de iniciar.

A fin de aliviar a carga destes pequenos empresarios, outra das medidas que se adoptou –recordan- é a eliminación da taxa de terraza desde o 15 de marzo e ata que estes negocios poidan normalizar a súa actividade.

Tal e como explican desde o Concello, son medidas que poñemos en marcha a fin de contribuír a mitigar a carga que soportan neste momento estes pequenos empresarios do noso municipio, e que podemos asumir grazas á xestión pública da maioría dos servizos que se prestan.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17499184608459