Cervo programa o desfile de Entroido de San Cibrao para o martes 25

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Feb 2020

A asociación cultural Airiños do Xunco e o Concello de Cervo organizan para o 23 de febreiro o desfile de Entroido.

Este, dará comezo ás 17.00 horas coa concetracións dos participantes no pavillón, e ás 18.00 horas será a saída do desfile polas rúas e acto seguido farase a entrega de premios aos mellores disfraces.

Os premios serán unhas figuriñas de Sargadelos e unhas cestas de produtos do Entroido.

A organización lembra que para participar é necesario anotarse, chamando aos teléfonos 600 968 344 ou 982 557 613.

Xa o luns 24 ás 17.30 horas terá lugar a Festa infantil de Entroido na praza dos Campos, onde haberá música, bailes, talleres, inchables e chocolate para o desfrute dos pequenos.

O día 25, martes de Entroido, será o desfile en San Cibrao, que percorrerá as diferentes rúas da vila desde a praza dos Campos cun espectáculo de charangas a partir das 17.30 horas.

Os premios, valorados en máis de 2.000 euros a repartir entre todos, entregaranse na praza dos Campos ás 21.30, e contarán con premios aos mellores disfraces e comparsas.

Ao remate do desfile a asociación A Rebolaxe venderá bolos preñados, e tamén será a cea de comadres.

O día 29 no pavillón de San Román a asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organizará a súa festa do Entroido.

0.12518286705017