Cervo programa uns obradoiros de técnicas de estudo e de escritura

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Jan 2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programa uns obradoiros de técnicas de estudo e de escritura creativa dirixidos ao alumnado de primaria e a ESO.

En concreto, o obradoiro de escritura creativa comezará o 30 de xaneiro, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, e estará impartido pola escritora local Irene Rega Jul. Está dirixido ao alumnado de 4º a 6º de primaria -os xoves en horario de 17.00 a 18.00 horas- e de 1º e 2º da ESO -os xoves en horario de 18.30 a 19.30 horas-.

Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo comezará o 3 de febreiro, e prolongarase durante os meses de febreiro, marzo e abril. Está dirixido ao alumnado de 1º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO, e desenvolverase os luns na Casa da Cultura.

As persoas interesadas poden anotarse no 982 59 51 57.

0.16575717926025