Cervo recibiu un premio de dinamización demográfica

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, desprazáronse este mediodía a Crecente (Pontevedra) para recoller o premio á Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia nunha gala que estivo presidida por Núñez Feijóo, na que tamén asistiron diferentes membros do goberno galego, entre eles o vicepresidente, Alfonso Rueda.
26 Feb 2020

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, desprazáronse este mediodía a Crecente (Pontevedra) para recoller o premio á Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia nunha gala que estivo presidida por Núñez Feijóo, na que tamén asistiron diferentes membros do goberno galego, entre eles o vicepresidente, Alfonso Rueda.

O galardón, dotado con 12.500 euros, é o resultado dun proxecto integral de revitalización demográfica que desenvolve o Concello de Cervo e que, tal e como explicou o rexedor, ten como eixos principais e diferenciadores “a cesión de espazos públicos para favorecer o emprendemento e atraer novas familias ao noso municipio ou as bolsas de formación remuneradas dirixidas á mocidade, que supoñen que desde o ano 2010 máis de 80 rapaces tiveran esa primeira toma de contacto co mundo laboral en dependencias municipais”.

Deste xeito, recordou que a creación do Centro de Emprendemento de Sargadelos, ou a recente cesión dunha parcela do Polígono de Cuíña ao Instituto Tecnolóxico de Galicia son dous exemplos do esforzo que está a facer o Concello para consolidar e fixar poboación, ademais das bonificacións fiscais ás empresas condicionada á creación de emprego estable “conscientes de que a perda de poboación é unha realidade xeneralizada en poboacións como a nosa ante a que non podemos permanecer impasibles”.

Caramé pola súa banda subliñou que as axudas á escolarización –transporte e material- tamén teñen un importante peso neste proxecto; ademais dos programas de conciliación que desenvolvemos nas épocas non lectivas “que pretenden ser unha axuda para as familias”.

O programa Reavívate -un encontro de dinamización cultural que se desenvolveu en Sargadelos para fomentar o espírito emprendedor da mocidade-, Cervo a carón do Voluntariado –composto por actividades de recuperación da cultura, actividades ambientais e de convivencia que contribúe ao desenvolvemento integral dos/das mozos/as participantes-; ou o voluntariado sénior –que favorece o envellecemento activo e saudable-; son outras das iniciativas que se levaron adiante.

O rexedor non quixo esquecerse da ampliación da Escola Infantil Municipal “que a día de hoxe conta con 53 prazas, dando cobertura total ás familias que demandan este servizo no Concello de Cervo”.

No proxecto presentado polo Concello recoñécese, así mesmo, que máis da metade da poboación do municipio está asentada nos núcleos de Cervo e San Ciprián polo nos marcamos o obxectivo “de tentar minguar o envellecemento da poboación e  corrixir os desequilibrios demográficos internos, tentando crear marcos para o asentamento das familias nas parroquias máis despoboadas, dotándoas dos maiores servizos posibles”.

A contía do premio será empregada en financiar servizos municipais, tendo en conta que Cervo avoga por unha xestión directa dos servizos, sendo o Concello da provincia que máis servizos exerce de xeito público.

0.20338582992554