Cervo xeolocaliza e cartografía todos os contedores instalados no municipio

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Dec 2019

O Concello de Cervo está a realizar estes días un minucioso traballo de xeolocalización e cartografado de todos os contedores instalados no municipio, por categorías, “a fin de levar optimizar ao máximo os recursos e facer máis eficiente este servizo municipal”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.

Este labor, que podemos realizar grazas a aposta do Concello de Cervo pola xestión pública do servizo de recollida de lixo –entre outros servizos- “permítenos detectar deficiencias e axilizar a reposición e/ou instalación dos colectores en función das necesidades”.

Nestes intres hai contabilizados e sinalizados sobre plano 545 colectores verdes (de materia orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas, briks..), 44 azuis  (papel), 12 vermellos (aceite), 45 de vidro e 2 de roupa.  

Estes últimos días xa se substituíron catro colectores de vidro, instaláronse catro novos de papel e  reemprazáronse 2 dos amarelos, un deles no CEIP de Cervo.

Villares puxo en valor este importante traballo que se está a realizar desde a delegación de Medio Ambiente a través dos técnicos municipais, e que está apoiado nas novas tecnoloxías, “que nos facilitan poder documentar e dixitalizar, neste caso,  o conxunto da rede de recollida selectiva do Concello de Cervo, permitíndonnos ser moito máis operativos, prácticos e eficientes”. 

0.19948601722717