Chantada, Monterroso e A Pobra do Brollón acollerán esta fin de semana a obra 'O auto do Castromil'

LugoXa | RibeiraSacraXa
A escola municipal de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición no que contan cun amplo abano de clases.
CARTEL CASTROMIL DEP portada
21 sep 2023

Chantada, Monterroso e A Pobra do Brollón acollerán esta fin de semana representacións da obra O auto do Castromil, de Excéntricas Producións, obra gañadora do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

A obra, drixida por Quico Cadaval e cun elenco formado por Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas de Manuel María. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.

A deputada de Cultura Iria Castro  animou a asistir “ás representacions, que se inclúen nun ciclo con funcións por toda Galiza co que diferentes institucións colaboramos co Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, que convoca a Casa Museo Manuel María” e remarcou que “ofrecen a posibilidade de disfrutar dunha das mellores compañías da escena galega”.

Datas

  • 22 de setembro - Auditorio Municipal de Chantada ás 20.00 horas.
  • 23 de setembro - Centro Sociocultural de Monterroso ás 20.00 horas.
  • 24 de setembro - Casa da Cultura da Pobra do Brollón ás 19.00 horas.
CARTEL CASTROMIL DEP. LUGO
0.18247818946838