Chega á cidade o espectáculo da compañía de Almada como parte do Lugo en Danza
LugoXa
Como parte do programa Lugo en Danza, o vindeiro venres 5 de abril o auditorio municipal Gustavo Freire acolle unha nova proposta.
3 Abr 2024
Como parte do programa Lugo en Danza, o vindeiro venres 5 de abril o auditorio municipal Gustavo Freire acolle unha nova proposta. Trátase da peza Inverno da compañía de danza de Almada da que se poderá gozar a partir das 20.30 horas.
LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural que xira en torno á danza e ás artes do movemento. Búscase apostar polo traballo dos artistas da comunidade galega, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas. As entradas, que teñen un prezo de 5 euros, xa poden adquirise a través da web