Chega a II Feira do Ano a Gomeán
Goemeán celebra este domingo 14 de agosto a súa II Feira do Ano, unha feira na que os produtos locais e os oficios tradicionais comparten o protagonismo coa gandería, cunha mostra de animais de razas autóctonas e con demostracións de rapa, a cargo de rapadores da zona da montaña, e de pastoreo do gando extensivo con cans de raza Border Collie.
Ademais a celebración do evento contará coa actuación do grupo de música tradicional A Legua Dereita e unha demostración na que se poderá coñecer o proceso artesanal do liño coa Asociación de Mulleres Rurais de Ínsua.
Programa
11:00
Apertura da feira no campo da feira de Gomeán (O Corgo).
Actuación de grupo de música tradicional A Legua Dereito.
11:00 a 16:00
Demostración de oficios artesanais.
- Coñece o proceso completo do liño coa Asociación de Mulleres Rurais de Ínsua.
- Fai a túa propia cunca de barro con Ceniza de Papel.
- Aprende a facer lámpadas a partir de cabazas con Blas Piñar.
- Tece unha medias de la da man da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira.
- Contaremos co último sillerio de Tórdea, Luis de Xan.
- Moldea cerámica con La Bellota Mágica.
- Talla e tornea madeira con Pequeno Tres Pesos e Julio Guntín.
- María a cesteira ensinarache a facer uns cestos.
Mostra
- Mostra/exposición de animais de razas autóctonas.
- Exposición de coches e maquinaria agrícola clásica.
- Exposición de vestimenta tradicional con Legua Dereita.
- Historia de Gomeán a través da exposición de fotografía antiga.
- Proxecto Corgoral con Lois Ladra.
12:00
- O carro volve á feira
- Degustación de porco celta
12:00 a 14:00: Actuación O cego na feira
12:30: Demostración de rapa.
13:30: Demostración de pastoreo (1º pase).
14:00: Xantar con produtos de porco celta, churrasco ou polbo á feira.
16:00: Demostración de pastoreo (2º pase).