Chega a Lugo 'Mamut' de Markeliñe Teatro

LugoXa

Este domingo chega ao Gustavo Freire a obra Mamut, que poderá gozarse a partir das 18.

mamut_portada
mamut_portada
19 abr 2024

Este domingo chega ao Gustavo Freire a obra Mamut, que poderá gozarse a partir das 18.30 horas. A peza de Markeliñe Teatro achega a historia de tres personaxes homínidos distintos que se refuxian da ameaza dos lobos xunto dos restos óseos dun mamut. E na súa loita pola supervivencia deciden entenderse, cooperar e crear xuntos a pesar das súas diferenzas.

O mamut e os seus ósos convértense en utensilio e ferramenta para a creatividade. Deste xeito, o descubrimento da ficción convértese no máis poderoso, xa que abre a porta a outras realidades e posibilidades. Así, cada invención ou novo descubrimento é coma un novo nó co cal vaise atando a nosa existencia.