Chega a sétima edición do Cross Ponte Romana de Lugo

LugoXa
A organización agarda contar cuns 1.200 inscritos nas distintas modalidades e categorías
Cross-Ponte-Romana-de-Lugo
23 Out 2024

A Xunta renova o seu apoio á Cross Ponte Romana de Lugo, que chega á sétima edición a fin de semana do 2 e 3 de novembro. As competicións desenvolveranse nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos. O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou na presentación desta cita deportiva, incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo.

A organización agarda contar cuns 1.200 inscritos nas distintas modalidades e categorías (sub10, sub12, sub14, sub16, sub18, sub20, sub23, máster e absoluta). A programación comezará os sábado 2 a partir das 16,30 horas coas competicións de relevos mixtos. O domingo disputaranse as carreiras individuais e, como actividade paralela, haberá un circuíto popular. Arias destacou o nivel desta cita deportiva, consolidada como un dos mellores crosses do país e que reunirá en Lugo a grandes figuras do atletismo. Pola súa parte, Efrén Castro valorou "a consolidación da proba como un referente no atletismo estatal, ampliando a visibilidade e proxección de Lugo no mundo do deporte".

0.1915500164032