Chega a Viveiro ‘De Ruada’, o proxecto que aposta pola cultura neste mes de xullo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro, a través da concellaría de Cultura, impulsa ‘De Ruada’, un novo proxecto que aposta pola cultura de rúa e polo factor sorpresa como medida anti aglomeracións.
Inundacion Piago 1
20 Xuño 2020

O Concello de Viveiro, a través da concellaría de Cultura, impulsa ‘De Ruada’, un novo proxecto que aposta pola cultura de rúa e polo factor sorpresa como medida anti aglomeracións.

‘De Ruada’, co slogan ‘cultura de rúa para a xente das rúas’, terá lugar os sábados do mes de xullo polas estradas de Viveiro, Celeiro e Covas. Cun formato de pasarrúas pretende que a cidadanía se atope coa música por sorpresa garantizando a distancia social.

A Concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, tras verse na obriga de recolocar os espectáculos de gran formato para o ano próximo e mantendo o compromiso coa cultura e o sector cultural que manifestara durante o confinamento, ven de propor unha alternativa para continuar coa programación cultural do concello, mentres non se retoma a nova normalidade cultural prevista para o outono deste ano. Así naceu ‘De Ruada’, un proxecto pioneiro que explora outros formatos de facer cultura, de entreter e manter a tradición dunha programación cultural sólida e de calidade no municipio.

“Tendo sempre en conta as recomendacións sanitarias e a necesidade de preservar a saúde, temos que manter a actividade cultural e de ocio durante o verán, polo que apostamos por esta iniciativa de animación das rúas; será unha gran sorpresa para todos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Para o mes de xullo apostouse pola cultura galega e feita en Galicia, da man de grupos como Organeta, Os Bregadiers, Cé Orquestra Pantasma e Latexo Percusión; que ofrecerán a viveirenses e foráneos unha programación que mixtura os ritmos e instrumentos tradicionais con proposta máis vangardistas e ritmos de swing, jazz e rock&roll.Actualmente estase a traballar na continuidade da programación coa mirada posta no mes de agosto para o que se baralla a incorporación na axenda cultural de grupos e outras propostas locais, na que amosar todo o potencial creativo do municipio.

0.11053490638733