Chega ao Vello Cárcere de Lugo o programa Residencias Paraíso

LugoXa
O Vello Cárcere de Lugo acollerá o proceso de investigación e creación das integrantes do colectivo RPM, a través de residencias.
o vello carcere lugo
2 Aug 2021

O Vello Cárcere de Lugo acollerá o proceso de investigación e creación das integrantes do colectivo RPM, que desenvolven arredor da danza, das artes visuais e sonaras, baixo a denominación de creación contemporánea.

Así pois, dende o colectivo realizaranse unha serie de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas englobadas no programa Residencias Paraíso. Estas residencias levaranse a cabo na primeira quincena de agosto e finalizarán cunha mostra aberta a todo o público que o desexe.

Xuntas, cada unha dende o seu lugar de residencia cunha notable proxección internacional, abordan dende o performativo a emoción dos sucesos que se converten en puntos de inflexión na vida, transformando a nosa realidade e sacándonos da nosa zona de confort.

Dende este colectivo continúa o desenvolvemento da arte en Galicia a través dun proxecto innovador e con gran valor cultural e artístico.

Neste caso, as encargadas de transmitirnos emocións e diferentes sentimentos serán as artistas Miriam Rodríguez e Olga Cameselle que levarán a cabo no Vello Cárcere o espectáculo Memorias danzantes, que nace da búsqueda de repensar o paso do tempo no corpo feminino desde un punto de vista interxeracional.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18455290794373