Chega o XXXI Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal da Fonsagrada

LugoXa
Trátase dunha serie de probas morfolóxicas na praza do Concello que son puntuabales para a XXIII Copa Galicia de Pura Raza Galega
Imaxe dun cabalo
Foto recurso
7 sep 2024

A Fonsagrada celebra o XXXI Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal este domingo 8 de setembro a partir das 8.00 horas. Trátase dunha serie de probas morfolóxicas na praza do Concello que son puntuabales para a XXIII Copa Galicia de Pura Raza Galega.

O gando recibirase no recinto do mercado gandeiro e os propietarios recollerán o número e inscribiranse na oficina disposta para o concurso. Os animais deben vir perfectamente identificados e o recinto pecharase ás 10.30 horas da mañá, polo que non poden tomar parte os que cheguen despois desta hora.

Xa pola tarde, a partir da 16.30 horas, terá lugar a proba de andadura galega non federada na rúa Enrique Saavedra. Entregarán trofeos e grandes premios en metálico e premio especial ao mellor exemplar da zona.

XXXI Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal a fonsagrada
0.13970112800598