CHL Meigas e Lóstregos proclámanse campións galegos benxamíns de hóckey liña

LugoXa
Os títulos das categorías Benxamín Élite e Benxamín Ouro decidíronse nos play off disputados no Polideportivo A Carballeira
CHL-Meigas-benxamin-elite-2026
9 Jun 2026

O Polideportivo A Carballeira acolleu o pasado 6 de xuño os play off das ligas galegas de hóckey liña nas categorías Benxamín Élite e Benxamín Ouro, unha xornada na que o CHL Meigas e o Lóstregos se proclamaron campións galegos nas súas respectivas competicións.

Na categoría Benxamín Élite, o CHL Meigas conquistou o título tras superar na final ao Morcegos HL por 5-2. O conxunto campión accedera ao encontro decisivo despois de derrotar ao CPL Brigantium por 8-2 nas semifinais. Pola súa banda, o Morcegos HL lograra a súa clasificación para a final ao vencer ao Artabriños HC Green por 10-2.

No partido polo terceiro e cuarto posto, o CPL Brigantium impúxose ao Artabriños HC Green por un axustado 6-5.

Na competición Benxamín Ouro, o título foi para o Lóstregos, que venceu na final ao Aquelarre Meigas por 6-1. Nas semifinais, o Aquelarre Meigas superara ao Artabriños HC White por 9-1, mentres que o Lóstregos derrotara ao ADC Alquimia Inline por 7-2.

O terceiro posto da categoría foi para o ADC Alquimia Inline, que venceu ao Artabriños HC White por 12-4.

0.092710971832275