Chollas faise cargo do As Pontes trala destitución de Luis Santiago

TerraChaXa | LugoXa
Manuel Losada, Chollas, xa está ao fronte do CD As Pontes con compromiso ata o final da tempada.
1
18 Xan 2021

Manuel Losada, Chollas, xa está ao fronte do CD As Pontes con compromiso ata o final da tempada. O técnico nado en Zamora, pero afincado en Galicia desde hai anos, foi o escollido pola dirección deportiva para facerse cargo, no lugar de Luís Santiago –cesado o pasado martes–, que na actualidade ocupa a antepenúltima praza da táboa clasificatoria do subgrupo 1-A de Terceira. O cadro pontés, que cultivou catro derrotas no seu últimos cinco partidos, confía en saír desta mala serie.

Antes de dirixir onte a súa primeira sesión de adestramento co As Pontes, o preparador explicou que “é importante o traballo psicolóxico, que os futbolistas recuperen confianza neles mesmos e facerlles ver que agora se vai a traballar con outra metodoloxía, nin mellor nin peor, e que ese novo enfoque vai traducir en mellora para os xogadores a nivel individual e para o equipo a nivel de resultados”.

No seu debut, Chollas non logrou que o conxunto pontés lograse puntuar e caeu no campo do Arzúa por 2-0.

0.11020493507385