Chus Pato presenta 'Sonora', o seu novo poemario en Lugo

LugoXa

Chus Pato presenta 'Sonora', o seu novo poemario en Lugo este xoves en Lugo.

sonora_chus_pato
sonora_chus_pato
21 feb 2024

Chus Pato presenta 'Sonora', o seu novo poemario en Lugo este xoves en Lugo. A autora, acompañada polo poeta Xabier Cordal, falará da súa nova obra na libraría Trama a partir das 19.00 horas. Sonora é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe.

Chus Pato conta cunha ampla traxectoria e unha variedade de obras publicadas. A ourensá é académica de número da Real Academia Galega e vogal do padroado da Fundación Euseino, pertence á directiva do padroado da Fundación Rosalía de Castro e ao padroado da Fundación Uxío Novoneyra. A poesía de Pato conta, así mesmo, con traducións ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, ao árabe clásico e a outros idiomas, e está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional entre as que destacamos: «Antoloxía consultada da poesía galega.