Ciudadanos pide ao Concello que elimine a obligatoriedade de la cita previa

LugoXa
O grupo municipal de ciudadanos pide ao Concello de Lugo que elimine a obligatoriedade da cinta previa na atención cidadá
dixitalizacion
dixitalizacion
2 feb 2023

A portavoz do grupo municipal de CS, Olga Louzao, pediu esta mañá ao Goberno local que "elimine a cita previa obrigatoria nos servizos de atención cidadá do Concello, en especial no rexistro xeral". Louzao sostén que "a calidade da atención cidadá do Concello experimentou nos últimos anos unha deterioración sen precedentes coa instauración da obrigatoriedade da cita previa á que se suma a supresión de facto do servizo do 010".

"A normativa que regula en Galicia a calidade dos servizos públicos e da boa administración garante que a cidadanía pode relacionarse coa Administración a través de calquera das modalidades de atención. É obvio que en determinados servizos por exemplo Urbanismo, o sistema de cita previa resulta útil xa que require unha especial atención a cada persoa. Aínda así, a lei establece que esa solicitude de quenda poderá concertarse presencial, telefónica ou de maneira telemática, algo que non se esta cumprindo no Concello de Lugo onde se orienta ao cidadán para recorrer á vía telemática de forma única", explicou Louzao.

Para o grupo municipal de Ciudadanos "a atención cidadá que presta esta administración é lamentable e sen dúbida atópase no peor momento dos últimos 20 anos". "Á obrigatoriedade da cita previa únese a supresión de facto do servizo do 010. Isto, sumado a unha administración electrónica deficiente que sen dúbida é a peor e máis limitada das sete grandes cidades galegas conduce ao cidadán a un canellón sen saída que retarda a resuolución dos seus trámites burocráticos".