Cohesión Terriorial establece o sistema de tramitación das obras en equipamentos municipais de Lugo

LugoXa
O Goberno local deu xa luz verde á mellora da contorna do local social do Burgo, á eficiencia enerxética e arranxo de fiestras na escola de Pías e á renovación da climatización e o cambio de carpintería na instalación de Ribas de Miño
concelleira-ana-gonzales-obras-rural
A concelleira reunida cos veciños
9 Xuño 2024

A área de Cohesión Territorial, que dirixe Ana González Abelleira, vén de establecer o sistema de tramitación das obras que os colectivos veciñais solicitan para realizar en equipamentos municipais con financiamento autonómico. “Mantívose unha serie de reunións de traballo entre os distintos departamentos do Concello implicados entre os que se atopan Urbanismo, Patrimonio ou Medio Rural para fixar o procedemento neste tipo de casos. Todo este traballo permitiunos conceder xa os primeiros permisos e establecer un sistema que axilice a tramitación e achegue seguridade xurídica ao procedemento”, sinalou a edil.

Deste xeito, o Goberno local deu xa luz verde ás obras de mellora da contorna do local social do Burgo, á mellora de eficiencia enerxética e arranxo de xanelas na escola de Pías e a obra de renovación do sistema de climatización e o cambio de carpintería metálica na instalación de Ribas de Miño solicitadas polos colectivos veciñais destas parroquias.

A edil está a aproveitar a rolda de reunións que comezou hai uns meses por todas as parroquias do municipio para proporcionar información a este respecto, xa que a convocatoria establecida polo Goberno Autonómico antes das eleccións municipais realizouse sen ningún tipo de coordinación co Concello. “Estamos a informar a toda a veciñanza interesada co ánimo de axilizar este trámite e explicar como levar a cabo este procedemento. Non hai que esquecer que se trata de equipamentos de titularidade municipal”, sinalou González Abelleira.

0.1822190284729