Coidados porta a porta chega a Portomarín en setembro

LugoXa
O concello de Castroverde acollerá o 17, 20, 21 e 22 de xuño a unidade móbil do programa Coidados porta a porta.
coidados baralla
coidados baralla
20 Ago 2023

O concello de Portomarín contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 4, 5 e 6 de setembro. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado no campo da feira, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 ou no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

COidados porta a porta portomarin
0.1999180316925