O Concello da Fonsagrada contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 12, 13 e 16 de xaneiro entre as 9.">

Coidados porta a porta recala a vindeira semana na Fonsagrada

LugoXa

O Concello da Fonsagrada contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 12, 13 e 16 de xaneiro entre as 9.

3 ene 2023

O Concello da Fonsagrada contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 12, 13 e 16 de xaneiro entre as 9.00 e as 20.00 horas. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na praza do Concello da localidade, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).