Coidemos Lugo celebra o I aniversario cunha acción de concienciación ambiental

LugoXa
Coidemos Lugo, un movemento social da cidade que busca pór en valor o patrimonio, a natureza e os espazos públicos, cumpre un ano de historia.
barrio paradai limpeza coidemos lugo
9 Ago 2021

Coidemos Lugo, un movemento social da cidade que busca pór en valor o patrimonio, a natureza e os espazos públicos, cumpre un ano de historia e, para festexalo, organiza unha xornada de limpeza e concienciación ambiental o vindeiro sábado 28 de agosto.

Despois da limpeza de outros barrios, Coidemos Lugo chega ao barrio de Castelo de 17 a 20 horas para continuar coas actuacións de concienciación na cidade.

As prazas son limitadas por orde de inscrición polo que, dende a organización informan que para apuntarse é preciso mandar unha mensaxe privada a través das redes sociais de Coidemos Lugo.

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro e na Milagrosa, entre outras.

coidemos lugo cartel castelo
0.13853907585144