Coidemos Lugo organiza unha acción de limpeza e concienciación na estación de tren

LugoXa
A plataforma Coidemos Lugo organiza o vindeiro 12 de maio a partir das 11.
5 Maio 2024

A plataforma Coidemos Lugo organiza o vindeiro 12 de maio a partir das 11.00 horas unha nova acción. Neste caso trátase dunha acción de limpeza e concienciación na estación de tren. O punto de encontro será praza Conde Fontao.

Coidemos Lugo é un movemento social lucense para xerar amor e respecto polo patrimonio, a natureza e o medio ambiente. Na anterior xuntanza, realizada o pasado domingo 28 de xaneiro, un grupo de dez voluntarios percorrerón as rúas do barrio de Recatelo e parte das Costas do Parque. Ademais das cabichas, chicles e papeis habituais na rúa, atoparon latas, botellas (algunhas cheas) ou plásticos.

0.13887500762939